xoves, 6 de xuño de 2019

Proxecto de Formación en centros (PFPP): Elaboración do proxecto para unha escola Inclusiva

Durante este curso escolar un grupo de mestres/as do CEIP Santiago de Oliveira participamos nun proxecto de formación sobre a seguinte temática: "Elaboración do proxecto para unha escola Inclusiva", co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades, fomentar a participación, cooperación entre alumnado e profesorado e mellorar a calidade da ensinanza.


Nas diferentes sesións do PFPP recibimos formación no centro dos seguintes profesionais: Paula Outón (dislexia), Arcadio Rodríguez (Atención á diversidad e NNTT) e Marlene Horna (TEA).

Tamén elaboramos material coa intención de que se aproveite por parte do profesorado nas aulas.  Material de conciencia fonolóxica, bingo das palabras, casa dos números, indicadores para EI e EP  de dislexia, alfabeto...Aquí quedan algunhas imaxes:






Na aula aberta de ARASAAC e no seu portal aparece publicado o alfabeto coas distintas letras e grafías e co pictos correspondentes. Pica aquí para descargar ou editar.

.


Aproveitamos para agradecerlle aos poñentes a súa participación e a boa disposición para colaborar con nós e co centro.

Moitas grazas!!


Continuará....

BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE