mércores, 29 de abril de 2020

Xogamos co B e o V?

Ola nenos e nenas! Como vai ese confinamento? 💪💪

Hoxe traio unha actividade SUPER CHULA para practicar o B e o V!! 



Que tedes que facer para facela? Déixovos as INSTRUCIÓNS  aquí: 


  1. Entrar en SOCRATIVE.COM ou premer no seguinte enlace: https://socrative.com/#login
  2. Premer no botón de LOGIN e acceder dende STUDENT LOGIN.
  3. No nome da clase deberedes poñer: MARIA9 e unirse.
  4. Poñer o voso nome (non son necesarios os apelidos) e ... A XOGAR!

domingo, 26 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

Semana do libro na casa!!

Esta semana celébrase o Día do LIBRO 2020 máis estraño da historia, 




pero aínda así dende o D. de Orientación queremos compartir con vós unha relación de lecturas e vídeos con temáticas sobre a amizade, o respecto pola diferenza, a igualdade, a solidariedade... que nos van axudar a pasar mellor o confinamento.

           https://www.galiciale.gal/            
Se premedes na portada do libro, algúns descárganse en pdf e outros van directamente a plataforma de préstamo electrónico das bibliotecas públicas (GaliciaLe) onde podedes solicitar o préstamo dese libro ou doutros que vos interesen.    

AGRADÉCESE as editoriais, autores/as e bibliotecas a descarga dos libros de balde, polo que todos/as imos aproveitar esta oportunidade, agora que temos máis tempo.


Anímaste??? Escolle o libro, logo a postura e Comeza!!


BOAS LECTURAS!!😍


Estamos Atentos/as?

Bo día nenos/as e familias!!

Como estades de ATENCIÓN?

Para traballala un pouquiño a profe Marisa, quere compartir algúns xogos con todos vos. Podedes facelas antes ou despois das tarefas diarias. 
Moito ánimo!!😍



venres, 17 de abril de 2020

As táboas dende a Casa!!

Saúdos nenos/as e familias!!!

Son Marisa, a profe de PT, e hoxe quero compartir convosco este material para practicar as táboas de multiplicar dunha forma máis sinxela e divertida!!
Premede na imaxe e atoparedes cancións, xogos, contos.... para que non se esquezan!!

Espero que vos gusten!! Apertas para todos/as😍😍


xoves, 2 de abril de 2020

Día Mundial do Autismo dende a casa!!

Ola nenos/as e familias!!

Para conmemorar con todos vós este día, aquí quedan unha serie de curtas animadas para poder coñecer máis de cerca o Autismo. Esperamos que vos gusten.

Algúns muiños xa están feitos... e os vosos???











Todos/as eleximos a COR AZUL!!!💙💙



















BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE