xoves, 6 de xuño de 2019

Proxecto de Formación en centros (PFPP): Elaboración do proxecto para unha escola Inclusiva

Durante este curso escolar un grupo de mestres/as do CEIP Santiago de Oliveira participamos nun proxecto de formación sobre a seguinte temática: "Elaboración do proxecto para unha escola Inclusiva", co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades, fomentar a participación, cooperación entre alumnado e profesorado e mellorar a calidade da ensinanza.


Nas diferentes sesións do PFPP recibimos formación no centro dos seguintes profesionais: Paula Outón (dislexia), Arcadio Rodríguez (Atención á diversidad e NNTT) e Marlene Horna (TEA).

Tamén elaboramos material coa intención de que se aproveite por parte do profesorado nas aulas.  Material de conciencia fonolóxica, bingo das palabras, casa dos números, indicadores para EI e EP  de dislexia, alfabeto...Aquí quedan algunhas imaxes:






Na aula aberta de ARASAAC e no seu portal aparece publicado o alfabeto coas distintas letras e grafías e co pictos correspondentes. Pica aquí para descargar ou editar.

.


Aproveitamos para agradecerlle aos poñentes a súa participación e a boa disposición para colaborar con nós e co centro.

Moitas grazas!!


Continuará....

martes, 14 de maio de 2019

Guía Ilustrada DIVERsidade e DisCAPACIDADE.

Unha guía moi interesante da Fundación Adecco sobre diversidade e discapacidade para empregar co alumnado de E. Infantil e Primaria.

VISITA ao IES O Barral

O venres 10 de maio, os alumnos/as de 6º de Primaria de Oliveira e Guláns foron a visitar, moi ilusionados, o IES no que van a continuar os seus estudos.
Alí explicáronlle as características da etapa de secundaria, normas, pequenas recomendacións.... para que todo lle  vaia ben nesta nova etapa que van a comezar.´






A continuación un grupo de alumnado axudante do IES, ensinoulle as instalacións e lle transmitiron consellos e a súa experiencia.




E finalmente, foron convidados/as a unha merenda  riquísima na cafetería.
Moitas Grazas!!

















NORABOA e BOA ETAPA para todos/as!!



xoves, 2 de maio de 2019

MATERIAIS INCLUSIVOS

Aquí quedan algúns materiais de elaboración propia que a mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica usa habitualmente co alumnado.

Atentos/as que seguramente habrá máis material!!

 As Casiñas das letras!!



Que tempo fai? Motricidade fina...

Series

Ordear, contrarios...


A sílaba tónica

Formar palabras, oracións...

Xoga coas letras!!

Traballar as emocións!!

Vocabulario e categorías semánticas

Xoga cos números!!

Xira a ruleta!!  Mesa de luz.

martes, 12 de febreiro de 2019

PROGRAMA DE MEDIACIÓN ESCOLAR



 Presentamos aos MEDIADORES/AS do curso 2018/19!!




Fai algúns días, estes alumnos/as de 6º de E. Primaria pasaron polas aulas e explicaron brevemente en que consiste o programa.




Todos os días, durante o tempo do patio, 2 alumnos/as actúan de mediadores solucionando os   conflitos que surxen. Levan un peto verde por riba da roupa para ser fácilmente localizados.

Fixeron unha libreta mediadora, onde quedan rexistrados todos os conflitos atendidos.



E para rematar aquí queda un vídeo que explica de forma breve o proceso de Mediación.



Seguiremos Informando!!






BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE