domingo, 20 de decembro de 2020

No Nadal...

Mandámosvos un montón de apertas  e bicos ainda que sexan virtuais e desexámosvos un Nadal feliz e sobre todo seguro
E por si vos apetece, aquí queda unha chea de recursos. 
 

mércores, 25 de novembro de 2020

martes, 15 de setembro de 2020

Cadernos Intelixencia Emocional

Aquí quedan uns cadernos para traballar dende as titorías, elaborados pola Diputación de Guipúzcoa para todas as etapas educativas, con fin de que o alumnado aumento o seu nivel de benestar persoal.


                 


                         


                 



luns, 14 de setembro de 2020

Volvemos ao Cole!!!



Despois de 6 meses na casa, COMEZAMOS O CURSO.  Volvemos a coller a mochila, a merenda, ver aos compañeiros/as, aos profes, sentarnos na aula....É un momento de ilusión pero tamén de preocupación e moitas dúbidas... pero temos que pensar que é moi beneficiosa á volta ao cole para a socialización e para aprender a convivir coa pandemia e adaptarnos todos/as á nova normalidade.

Tomando todas as medidas de seguridade e saúde, cunha actitude de calma, optimismo e responsabilidade... CONSEGUIRÉMOLO.


Queda aquí unha Guía elaborada polo Equipo Proeducar Hezigarri do Goberno de Navarra, con propostas para un acompañamento emocional para os primeiros días do curso. Fai clic no enlace para vela e descargala.

https://proeducarhezigarri.educacion.navarra.es/wp-content/uploads/2020/09/Guia_Acompan%CC%83amiento_Emocional_cast-1.pdf

luns, 10 de agosto de 2020

domingo, 28 de xuño de 2020

Última Tarefa Verán 20!!


Ola nenos/as e familias!! Hoxe presentamos a última tarefa deste curso, que foi tan diferente e especial. Espero que non deixedes ningunha e as fagades todas!!
Bo descanso e vémonos en setembro. Apertas😍



venres, 19 de xuño de 2020

Comezamos E. Infantil!!

Ola nenos/as e familias de 3 anos!!

Xa  nos falta pouquiño para entrar no cole!! Que nervios.... e cantas sorpresas!! De momento quedan aquí algunhas cousiñas para que lle botedes 👀

Vémonos en setembro...

Benvidos/as!!😊



martes, 19 de maio de 2020

Xogamos un pouco?

Ola a todos/as!!

Hoxe traemos dous xogos moi entretidos para realizar en familia. Melloran a lateralidade, atención, concentración, organización espazo temporal e o autoconcepto.
Son xogos cos seus pictos para facelos comprensibles para todos.

Aquí quedan...canto máis xoguedes máis diversión!!😃
Unha aperta

martes, 5 de maio de 2020

Educación Emocional en FAMILIA


Ola nenos/as e familias!! 
Como estades de ánimo? Veña.... que xa falta pouco😉
Hoxe presentamos estos fantásticos cadernos de educación emocional para traballar en Familia creados polo Equipo de Conduta de Granada cos que podedes practicar as emocións e os valores dende Infantil ata 6º de primaria.
Conteñen actividades moi interesantes como contos, receitas de cociña, actividades de atención, experimentos, xogos, relaxación... Elixe o teu curso e a practicar!!

Bicos e apertas virtuais💋💋

mércores, 29 de abril de 2020

Xogamos co B e o V?

Ola nenos e nenas! Como vai ese confinamento? 💪💪

Hoxe traio unha actividade SUPER CHULA para practicar o B e o V!! 



Que tedes que facer para facela? Déixovos as INSTRUCIÓNS  aquí: 


  1. Entrar en SOCRATIVE.COM ou premer no seguinte enlace: https://socrative.com/#login
  2. Premer no botón de LOGIN e acceder dende STUDENT LOGIN.
  3. No nome da clase deberedes poñer: MARIA9 e unirse.
  4. Poñer o voso nome (non son necesarios os apelidos) e ... A XOGAR!

domingo, 26 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

Semana do libro na casa!!

Esta semana celébrase o Día do LIBRO 2020 máis estraño da historia, 




pero aínda así dende o D. de Orientación queremos compartir con vós unha relación de lecturas e vídeos con temáticas sobre a amizade, o respecto pola diferenza, a igualdade, a solidariedade... que nos van axudar a pasar mellor o confinamento.

           https://www.galiciale.gal/            
Se premedes na portada do libro, algúns descárganse en pdf e outros van directamente a plataforma de préstamo electrónico das bibliotecas públicas (GaliciaLe) onde podedes solicitar o préstamo dese libro ou doutros que vos interesen.    

AGRADÉCESE as editoriais, autores/as e bibliotecas a descarga dos libros de balde, polo que todos/as imos aproveitar esta oportunidade, agora que temos máis tempo.


Anímaste??? Escolle o libro, logo a postura e Comeza!!


BOAS LECTURAS!!😍


Estamos Atentos/as?

Bo día nenos/as e familias!!

Como estades de ATENCIÓN?

Para traballala un pouquiño a profe Marisa, quere compartir algúns xogos con todos vos. Podedes facelas antes ou despois das tarefas diarias. 
Moito ánimo!!😍



venres, 17 de abril de 2020

As táboas dende a Casa!!

Saúdos nenos/as e familias!!!

Son Marisa, a profe de PT, e hoxe quero compartir convosco este material para practicar as táboas de multiplicar dunha forma máis sinxela e divertida!!
Premede na imaxe e atoparedes cancións, xogos, contos.... para que non se esquezan!!

Espero que vos gusten!! Apertas para todos/as😍😍


xoves, 2 de abril de 2020

Día Mundial do Autismo dende a casa!!

Ola nenos/as e familias!!

Para conmemorar con todos vós este día, aquí quedan unha serie de curtas animadas para poder coñecer máis de cerca o Autismo. Esperamos que vos gusten.

Algúns muiños xa están feitos... e os vosos???











Todos/as eleximos a COR AZUL!!!💙💙



















luns, 30 de marzo de 2020

XOGAMOS COA BOCA!!

Bo día, nenas, nenos e familias! 

Son María, a mestra de AL.


Esta semana deixo á vosa disposición enlaces para exercitar os distintos elementos da boca, posto que é algo imprescindible para unha correcta articulación e pronunciación. 

Se lle dedicamos 10 minutos diarios a xogar coa boca diante do espello, todo será máis sinxelo na volta ao cole. 

Estades preparados? Pois aí vos van os enlaces! 




Xa por último, gustaríame aportarvos algunhas recomendacións a ter en conta ante as dificultades de articulación que presenten os máis pequerrechos: 


  • Dedicar un tempo a manter conversacións cos nenxs.
  • Non imitar a súa mala pronunciación.
  • Non responder por eles nin completar as súas oracións, deixando que se expresen libremente e intentar que se esforcen por falar e elaborar adecuadamente as preguntas de tal xeito que non respondan con monosílabos.  

domingo, 29 de marzo de 2020

Lectura Fácil #quedamosnacasa


A Lectura Fácil é unha metodoloxía que permite adaptar documentos (artigos, novas, libros, unha web...) para que sexan máis sinxelos de entender.  Esta lectura non soamente afecta ao texto, senón as súas ilustracións, deseño e maquetación. 


Cando un documento está en lectura fácil aparece este logo azul, que é un neno lendo un libro cunha man por fóra. Esta lectura nos beneficia a TODO/AS.



A páxina web planetafácil quere compartir con vós algúns  libros de lectura fácil para ler estes días de confinamento. Aquí quedan algúns.

Que libro queres ler? Pulsa no que che guste para descargalo.
















venres, 27 de marzo de 2020

RAP "Hagamos historia"


O Rap de Fernando Martín que nos anima na loita contra o coronavirus.



Bote das Emocións


Dende o blog Menudos Maestr@s 
quero compartir con todos vós,  unha idea fantástica. 
Que che parece se no momento que empeces a botar de menos aos teus seres queridos (compañeir@s do cole, profes, av@s, veciñ@s...), crees un andel con botes para esas persoas?

Consiste en que lle adiques unha parte do teu tempo diario en forma de poesía, debuxo, dedicatoria...  e que o metas no bote. E o día que todo esto pase, farémoslle chegar dun modo especial este agasallo que será ÚNICO.

Atréveste?




martes, 24 de marzo de 2020

RECURSOS #QUEDAMOSNACASA

Marisa, a especialista de PT, quere compartir convosco algúns RECURSOS que tamén poden ser de axuda neste tempo que debemos quedar NA CASA. 
Hai un pouco de todo: lectoescritura online, lingua castelá, ortografía, mates coas táboas e contos adaptados.


Moito ÁNIMO a todos/as!!

     

luns, 23 de marzo de 2020

Pautas e Enlaces de interés para alumnado AL

María, a especialista de Al, envía unha serie de pautas xenéricas e uns enlaces de interés a ter en conta no día a día cos máis cativos, para mellorar a convivencia neste momentos que hai que ficar na CASA.

Aquí quedan!!

  • Non son eficaces os reproches e as discusións permanentes.
  • Utilizar, preferentemente, os reforzos positivos (por exemplo: felicitar inmediatamente despois de que a nena ou o neno faga algo bo, e sorprendelo, tan frecuentemente como sexa posible, xa sexa cun sorriso ou cunha loanza).
  • Desenvolver formas de comunicación e diálogo que melloren as relacións familiares.
  • Practicar a lectura en voz alta de contros e outro tipo de textos: libros "ilustrados" sobre animais, adiviñas, trabalinguas, xogos de palabras, poesías, etc.
  • Aproveitar toda oportunidade para presentarlle palabras novas e interesantes.

Preme en cada Enlace:

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/author/eugenia-romero/ à neste enlace atoparedes múltiples actividades para potenciar a discriminación auditiva, a conciencia léxica ou fonolóxica, así como xogos para estimular a linguaxe oral.


http://servicios.educarm.es/udicom/indexb.htm à este enlace servirá para poder traballar o vocabulario. As fichas están deseñadas para ser impresas de non ser posible, poderase traballar con elas de xeito oral.

http://maestradeal.blogspot.com à neste enlace hai recursos para traballar a discriminación auditiva ou a conciencia fonolóxica e léxica.





domingo, 22 de marzo de 2020

Clases na TV

A partir de mañá, luns 23 de marzo, o Ministerio de Educación pon en marcha unha iniciativa dirixida ao alumnado entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante estes días que hai que quedar na CASA. Se non tes conexión a internet ou a rede vai lenta é unha boa oportunidade que debes aproveitar.



O horario en Clan TV e na 2 de TVE é o seguinte:


Para máis información preme no seguinte enlace: 

mércores, 18 de marzo de 2020

Recursos #AprendoencasaRMurcia

Dende o Servicio de Innovación e Formación do Profesorado da Consejería de Educación y Cultura da Rexión de Murcia, aparecen recopilados algunhas propostas e recursos interesantes para traballar na casa.

Hecho con Padlet

luns, 16 de marzo de 2020

Orientacións #quedamosnacasa

Queremos salientar as seguintes orientacións para o tempo que debemos permanecer na CASA clicando AQUÍ

RECURSOS #quedamosnacasa

Queremos compartir convosco algúns recursos que poden ser de axuda neste tempo que debemos quedar NA CASA como medida de precaución e responsabilidade.

Moito ÁNIMO a todos/as!!


Enlaces a páxinas con recursos e xogos educativos para Infantil e Primaria:

https://aprendomusica.com/ (Linguaxe musical)

https://arbolabc.com/ (Xogos de vogais, abecedario, multiplicar...)

http://www.ceiploreto.es/ ( Páxina CEIP Loreto)

https://www.cokitos.com/ (Xogos interactivos)

http://www.cuentoscortos.com/ (Contos clásicos, de valores, orixinais...)

http://www.usaelcoco.com/ (Cálculo mental)

https://www.storyplace.org/es (Biblioteca dixital)

http://roble.pntic.mec.es/arum0010/ (Xogos interactivos en liña)

https://www.jigsawplanet.com/ (Crebacabezas)

http://www.enciclonet.com/(Enciclopedia)

https://www.elhuevodechocolate.com/ (Adiviñas, cancións, poesías, refráns...)

Atención á Diversidade:


https://www.aulapt.org/ (Blog recursos PT)

http://guiatictea.org/ (Recursos tecnolóxicos TEA)

http://www.proyectoazahar.org/azahar/ChangeLocale.do? language=es&country=ES&page=/loggined.do (Aplicacións gratuitas de comunicación, act. ocio, planificación tarefas... para TEA)

Canais EDUCATIVOS de TV

IR a un MUSEO sin SAÍR da casa


APPS españolas que ofrecen gratis os seus contidos para axudar aos nenos/as a aprender desde casa

sábado, 25 de xaneiro de 2020

MEDIACIÓN 2019/2020

Enmarcado no Plan de Convivencia do centro, continuamos este curso 2019/20, coa Mediación Escolar. O obxectivo é mellorar as relacións e chegar a un acordo ante os conflitos.

   Plantexamos unha 1ª fase na que un grupo de alumnos/as de 6º de primaria se presentaron voluntariamente para ser mediadores/as (12 alumnos/as). Con este grupo durante o 1º trimestre realizouse unha formación onde se potenciou a escoita activa, a resolución de conflitos e se delimitou claramente cales son as súas funcións. 

A 3ª fase consistiu en informar a todo o alumnado de infantil e primaria de que hai mediadores e da súa función. 



Elaborouse o Caderno Mediador, onde se irán anotando os conflitos que surxan e a solución.











E por último actuarán durante os períodos de patio, por quendas, a partir do 2º trimestre e ata que remate o curso.


  ÁNIMO MEDIADORES/AS!!

BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE