Amosando publicacións coa etiqueta Pautas lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pautas lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de marzo de 2014

Pautas para ler na casa cos nosos/as fillos/as




Todos os nenos/as deben ler na casa, dá igual o curso no que se atopen. Cada día media hora de lectura é o ideal. No caso dos nosos fillos/as que van para a etapa de  Educación Primaria, non vai ser distinto, pero si é importante ter en conta algunhas pautas de lectura para que vós, pais e nais, podades ser partícipes da actividade e ao mesmo tempo lles axudedes a mellorar cada día.

O primeiro paso que imos seguir para unha lectura apropiada é buscar un sitio tranquilo onde sentarnos cos nosos fillos e fillas, non debería haber televisión, radio ou outros nenos ou nenas xogando mentres eles/as len.

Unha vez acomodados, o noso fillo ou filla vai ler en alto para nós. Ler en alto axuda tanto a unha mellor concentración por parte do neno/a como a unha atención pola nosa parte dos erros que pode cometer e ao mesmo tempo atendendo nós, non necesitamos ter a lectura feita con anterioridade, el/ela van ser os lectores, nós os que imos escoitar.

O tempo mínimo de lectura en alto debería ser media hora, despois, e xa según o neno/a, poden seguir lendo eles sós en baixo, en alto ou mesmo descansar.

Imos procurar que o momento de lectura sexa sempre o mesmo, ou polo menos como norma, aínda que de cando en vez a teñamos que variar. Eleximos unha hora na que o neno ou nena esté máis receptivo e tranquilo, pode ser un pouquiño antes da merenda, antes de ir ao parque ou mesmo antes de durmir.

Unha vez que xa comezou a lectura imos fixarnos nos seguintes puntos:

-          O neno/a debe ler nun tono normal, nin moi alto, nin susurrando.

-          Cando unha palabra é moi difícil por descoñecida ou longa, non se le silabeando, mellor a lemos na cabeciña e a dicimos despois, unha vez que no pensamento xa a entendimos. Non importa en principio, o tempo que se tarde, pouco a pouco se lerá co pensamento moito máis rápido.

-          Cando lean mal unha palabra, non llo pasedes, decímoslle “non” e que a lean ben, xa sabedes, primeiro co pensamento e despois coa boca.

-          Os puntos e as comas son pausas e hai que facelas, doutro xeito, non entenderemos ben a frase. Ao principio, se non son capaces de facer e diferenciar as pausas podemos facelo con palmadas na mesa. Deste xeito, comezamos xa a lectura cunha man apoiada, pola palma, na mesa. No momento que hai unha coma, damos unha palmada na mesa, momento no que se descansa, e seguimos. Se a pausa é un punto, damos dúas palmadas e seguimos. Podemos continuar con este método todo o tempo que queiramos, pronto os nosos fillos/as non necesitarán a palmada e farán as pautas eles sós.

-          Cando acabemos a lectura, faremos algunha pregunta sobre o que leron, preguntas sinxelas que simplemente nos orienten sobre o que entenderon ou non.


Cada neno/a ten o seu ritmo, o que un pode ler en media hora, outro pode que tarde 15 minutos. Agora mesmo non nos importa a cantidade senón a calidade, que lean ben, seguros, sen silabear, facendo pausas e entendendo o que len. Máis adiante, cando xa teñan un bo ritmo e unha velocidade boa, faremos outro tipo de exercicios.

LEMBRADE:

Media hora de lectura diaria, sempre diante dun adulto. Os nenos/as se sentirán importantes, acompañados/as, escoitados/as e vós seguiredes dunha forma directa os progresos dos vosos/as fillos/as.
A lectura é a base para calquera materia, habendo unha boa lectura, non ten porque haber problemas no resto das áreas.

BOA LECTURA!




BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE