Todos
os nenos/as deben ler na casa, dá igual o curso no que se atopen. Cada día
media hora de lectura é o ideal. No caso dos nosos fillos/as que van para a
etapa de Educación Primaria, non vai ser
distinto, pero si é importante ter en conta algunhas pautas de lectura para que vós, pais e nais, podades ser
partícipes da actividade e ao mesmo tempo lles axudedes a mellorar cada día.
O
primeiro paso que imos seguir para unha lectura apropiada é buscar un sitio tranquilo onde
sentarnos cos nosos fillos e fillas, non debería haber televisión, radio ou
outros nenos ou nenas xogando mentres eles/as len.
Unha
vez acomodados, o noso fillo ou filla vai
ler en alto para nós. Ler en alto axuda tanto a unha mellor concentración
por parte do neno/a como a unha atención pola nosa parte dos erros que pode
cometer e ao mesmo tempo atendendo nós, non necesitamos ter a lectura feita con
anterioridade, el/ela van ser os lectores, nós os que imos escoitar.
O
tempo mínimo de lectura en alto debería
ser media hora, despois, e xa según o neno/a, poden seguir lendo eles sós
en baixo, en alto ou mesmo descansar.
Imos
procurar que o momento de lectura sexa
sempre o mesmo, ou polo menos como norma, aínda que de cando en vez a
teñamos que variar. Eleximos unha hora na que o neno ou nena esté máis receptivo
e tranquilo, pode ser un pouquiño antes da merenda, antes de ir ao parque ou
mesmo antes de durmir.
Unha
vez que xa comezou a lectura imos fixarnos nos seguintes puntos:
-
O
neno/a debe ler nun tono normal, nin
moi alto, nin susurrando.
-
Cando
unha palabra é moi difícil por descoñecida ou longa, non se le silabeando, mellor a lemos na cabeciña e a dicimos
despois, unha vez que no pensamento xa a entendimos. Non importa en principio, o
tempo que se tarde, pouco a pouco se lerá co pensamento moito máis rápido.
-
Cando
lean mal unha palabra, non llo pasedes, decímoslle “non” e que a lean ben, xa
sabedes, primeiro co pensamento e
despois coa boca.
-
Os puntos e as comas son pausas e hai
que facelas, doutro
xeito, non entenderemos ben a frase. Ao principio, se non son capaces de facer
e diferenciar as pausas podemos facelo con palmadas na mesa. Deste xeito,
comezamos xa a lectura cunha man apoiada, pola palma, na mesa. No momento que
hai unha coma, damos unha palmada na mesa, momento no que se descansa, e
seguimos. Se a pausa é un punto, damos dúas palmadas e seguimos. Podemos
continuar con este método todo o tempo que queiramos, pronto os nosos fillos/as
non necesitarán a palmada e farán as pautas eles sós.
-
Cando
acabemos a lectura, faremos algunha
pregunta sobre o que leron, preguntas sinxelas que simplemente nos orienten
sobre o que entenderon ou non.
Cada neno/a ten o seu ritmo, o que un
pode ler en media hora, outro pode que tarde 15 minutos. Agora mesmo non nos importa a cantidade senón a
calidade, que lean ben, seguros, sen silabear, facendo pausas e entendendo
o que len. Máis adiante, cando xa teñan un bo ritmo e unha velocidade boa,
faremos outro tipo de exercicios.
LEMBRADE:
Media
hora de lectura diaria, sempre diante dun adulto. Os nenos/as se sentirán importantes,
acompañados/as, escoitados/as e vós seguiredes dunha forma directa os progresos
dos vosos/as fillos/as.
A lectura é a base para calquera
materia, habendo unha boa lectura, non ten porque haber problemas no resto das
áreas.
BOA
LECTURA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario