Enmarcado no Plan de Convivencia do centro, continuamos este curso 2019/20, coa Mediación Escolar. O obxectivo é mellorar as relacións e chegar a un acordo ante os conflitos.
Plantexamos unha 1ª fase na que un grupo de alumnos/as de 6º de primaria se presentaron voluntariamente para ser mediadores/as (12 alumnos/as). Con este grupo durante o 1º trimestre realizouse unha formación onde se potenciou a escoita activa, a resolución de conflitos e se delimitou claramente cales son as súas funcións.

A 3ª fase consistiu en informar a todo o alumnado de infantil e primaria de que hai mediadores e da súa función.
Elaborouse o Caderno Mediador, onde se irán anotando os conflitos que surxan e a solución.
E por último actuarán durante os períodos de patio, por quendas, a partir do 2º trimestre e ata que remate o curso.
ÁNIMO MEDIADORES/AS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario