Despois de 6 meses na casa, COMEZAMOS O CURSO. Volvemos a coller a mochila, a merenda, ver aos compañeiros/as, aos profes, sentarnos na aula....É un momento de ilusión pero tamén de preocupación e moitas dúbidas... pero temos que pensar que é moi beneficiosa á volta ao cole para a socialización e para aprender a convivir coa pandemia e adaptarnos todos/as á nova normalidade.
Tomando todas as medidas de seguridade e saúde, cunha actitude de calma, optimismo e responsabilidade... CONSEGUIRÉMOLO.
Queda aquí unha Guía elaborada polo Equipo Proeducar Hezigarri do Goberno de Navarra, con propostas para un acompañamento emocional para os primeiros días do curso. Fai clic no enlace para vela e descargala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario