luns, 23 de marzo de 2020

Pautas e Enlaces de interés para alumnado AL

María, a especialista de Al, envía unha serie de pautas xenéricas e uns enlaces de interés a ter en conta no día a día cos máis cativos, para mellorar a convivencia neste momentos que hai que ficar na CASA.

Aquí quedan!!

  • Non son eficaces os reproches e as discusións permanentes.
  • Utilizar, preferentemente, os reforzos positivos (por exemplo: felicitar inmediatamente despois de que a nena ou o neno faga algo bo, e sorprendelo, tan frecuentemente como sexa posible, xa sexa cun sorriso ou cunha loanza).
  • Desenvolver formas de comunicación e diálogo que melloren as relacións familiares.
  • Practicar a lectura en voz alta de contros e outro tipo de textos: libros "ilustrados" sobre animais, adiviñas, trabalinguas, xogos de palabras, poesías, etc.
  • Aproveitar toda oportunidade para presentarlle palabras novas e interesantes.

Preme en cada Enlace:

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/author/eugenia-romero/ à neste enlace atoparedes múltiples actividades para potenciar a discriminación auditiva, a conciencia léxica ou fonolóxica, así como xogos para estimular a linguaxe oral.


http://servicios.educarm.es/udicom/indexb.htm à este enlace servirá para poder traballar o vocabulario. As fichas están deseñadas para ser impresas de non ser posible, poderase traballar con elas de xeito oral.

http://maestradeal.blogspot.com à neste enlace hai recursos para traballar a discriminación auditiva ou a conciencia fonolóxica e léxica.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE