luns, 30 de marzo de 2020

XOGAMOS COA BOCA!!

Bo día, nenas, nenos e familias! 

Son María, a mestra de AL.


Esta semana deixo á vosa disposición enlaces para exercitar os distintos elementos da boca, posto que é algo imprescindible para unha correcta articulación e pronunciación. 

Se lle dedicamos 10 minutos diarios a xogar coa boca diante do espello, todo será máis sinxelo na volta ao cole. 

Estades preparados? Pois aí vos van os enlaces! 




Xa por último, gustaríame aportarvos algunhas recomendacións a ter en conta ante as dificultades de articulación que presenten os máis pequerrechos: 


  • Dedicar un tempo a manter conversacións cos nenxs.
  • Non imitar a súa mala pronunciación.
  • Non responder por eles nin completar as súas oracións, deixando que se expresen libremente e intentar que se esforcen por falar e elaborar adecuadamente as preguntas de tal xeito que non respondan con monosílabos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE