HABILIDADES
SOCIAIS: CHAVE PARA O ÉXITO
Dende o Departamento de Orientación establecemos a seguinte proposta de
actividades para traballar as habilidades
sociais na etapa de E. Primaria. Son
orientativas e cada titor/a pode adaptalas e orientalas o seu grupo de
alumnos/as.
Empezaremos con estas 2
HABILIDADES:
1.-
Comunicación verbal e non verbal.
2.- Expresar e escoitar
activamente.
HABILIDAD
1: COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL
Proposta
de actividades:
1..- Facer un mural
da comunicación non verbal. Buscar en revistas ou xornais distintas persoas
conversando e recortar aquelas imaxes onde se aprecie a expresión facial,
distintos xestos, distancias entre os interlocutores..
2.- Visualizar
unha película muda(Charles Chaplin, A pantera Rosa…), fixarse e comentala,
analizando os elementos da comunicación non verbal.
3.- Divírtome
conversando:
Escribe o nome de 3 temas dos que che gusta conversar cos
teus amigos/as.
1º
_______________________________________________
2º______________________________________________
3º______________________________________________
4.- En grupos de 3
compañeiros, buscar frases para:
-
Empezar
e terminar conversacións.
-
Cambiar
de tema nunha conversa.
-
Saudar
e despedirse.
-
Disculparse.
-
Pedir
e facer un favor.
-
Preguntar
e dar unha oopinión.
Practicar
esas frase simulando conversacións en distintas situacións.
HABILIDAD
2: EXPRESAR E ESCOITAR ACTIVAMENTE
Proposta
de Actividades:
1.- O mestre/a pide voluntarios para
iniciar, manter e rematar unha conversa co alumno/a. O
alumno/a elixe o tema, prepara a actividade co mestre/a e a modelan ante os
demais.
2.- Facer un cómic no que dous personaxes
inician, manteñen e finalizan unha conversa.
3.- Extraer diversos casos de conversacións e
tertulias que aparecen na radio en na TV. Analizar en qué casos se manteñe
unha conversa axeitada e en qué casos non. Razoar poqué e dar ideas para
mellorar.
4.- Crear un conto por equipos.
Deben crear un conto dunhas 10 liñas cunha serie de palabras que estarán
colgadas pola clase. As palabras poden ser “ rato, can, río, vila, bosque….” O
conto téñeno que crear entre todos os
membros do equipo. Os equipos van escribindo o conto para despois expoñelo
diante de toda a clase e así fomentar a expresión oral.
6.- Poñémonos ó día cos xornais. Os
alumnos/as en grupos de 4 tiveron que ler unha noticia dun xornal facilitado
polo centro. Cada grupo ten unha noticia distinta. Unha vez que cada grupo
comprendeu, visualizou e memorizou a noticia, comenzarían a expoñela diante dos
seus compañeiros que éstes deben atender con moito respeto.