venres, 15 de marzo de 2013

As Habilidades Sociais


HABILIDADES SOCIAIS: CHAVE PARA O ÉXITO

Dende o Departamento de Orientación establecemos a seguinte proposta de actividades para traballar as habilidades sociais  na etapa de E. Primaria. Son orientativas e cada titor/a pode adaptalas e orientalas o seu grupo de alumnos/as.

Empezaremos  con estas 2  HABILIDADES:

1.- Comunicación verbal e non verbal.
2.- Expresar e escoitar activamente.

HABILIDAD 1: COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL

Proposta de actividades:

       1..- Facer un mural da comunicación non verbal. Buscar en revistas ou xornais distintas persoas conversando e recortar aquelas imaxes onde se aprecie a expresión facial, distintos xestos, distancias entre os interlocutores..
      2.- Visualizar unha película muda(Charles Chaplin, A pantera Rosa…), fixarse e comentala, analizando os elementos da comunicación non verbal.
            3.- Divírtome conversando:
            Escribe o nome de 3 temas dos que che gusta conversar cos teus amigos/as.
1º _______________________________________________
            2º______________________________________________
            3º______________________________________________

            4.- En grupos de 3 compañeiros, buscar frases para:
-       Empezar e terminar conversacións.
-       Cambiar de tema nunha conversa.
-       Saudar e despedirse.
-       Disculparse.
-       Pedir e facer un favor.
-       Preguntar e dar unha oopinión.

Practicar esas frase simulando conversacións en distintas situacións.

HABILIDAD 2: EXPRESAR E ESCOITAR ACTIVAMENTE

Proposta de Actividades:

1.- O mestre/a pide voluntarios para iniciar, manter e rematar unha conversa co alumno/a. O alumno/a elixe o tema, prepara a actividade co mestre/a e a modelan ante os demais.
2.- Facer un cómic no que dous personaxes inician, manteñen e finalizan unha conversa.
3.- Extraer diversos casos de conversacións e tertulias que aparecen na radio en na TV. Analizar en qué casos se manteñe unha conversa axeitada e en qué casos non. Razoar poqué e dar ideas para mellorar.
4.- Crear un conto por equipos. Deben crear un conto dunhas 10 liñas cunha serie de palabras que estarán colgadas pola clase. As palabras poden ser “ rato, can, río, vila, bosque….” O conto téñeno que crear entre todos  os membros do equipo. Os equipos van escribindo o conto para despois expoñelo diante de toda a clase e así fomentar a expresión oral.
6.- Poñémonos ó día cos xornais. Os alumnos/as en grupos de 4 tiveron que ler unha noticia dun xornal facilitado polo centro. Cada grupo ten unha noticia distinta. Unha vez que cada grupo comprendeu, visualizou e memorizou a noticia, comenzarían a expoñela diante dos seus compañeiros que éstes deben atender con moito respeto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE