mércores, 2 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

A Torre de Hércules vístese de azul para conmemorar o Día mundial de concienciación do AUTISMO.




venres, 21 de marzo de 2014

xoves, 20 de marzo de 2014

Proxecto Leo e ...Xogo!!!

Proxecto educativo dedicado a fomentar a lectura

Título: Leo e ….. Xogo!!!!


Dirixido: Alumnado de E. Primaria.

Contidos:

  • Mellora da comprensión lectora.
  • Manexo das TiC.
  • Interés e gusto pola lectura de forma autónoma e non por obligación.

Recursos:

  • Empregando distintas actividades interactivas da páxina de aplicacións didácticas.
  • Selección de contos en Symbaloo.

Procedemento a seguir para levalo a práctica:




mércores, 19 de marzo de 2014

Un pouco de Música Celta. Mano da ulla. Foliada de Padrenha

Educación en Valores

Vídeo do conto Un papá a la medida


APPS

APPS divertidas e moi interesantes

Pautas para ler na casa cos nosos/as fillos/as




Todos os nenos/as deben ler na casa, dá igual o curso no que se atopen. Cada día media hora de lectura é o ideal. No caso dos nosos fillos/as que van para a etapa de  Educación Primaria, non vai ser distinto, pero si é importante ter en conta algunhas pautas de lectura para que vós, pais e nais, podades ser partícipes da actividade e ao mesmo tempo lles axudedes a mellorar cada día.

O primeiro paso que imos seguir para unha lectura apropiada é buscar un sitio tranquilo onde sentarnos cos nosos fillos e fillas, non debería haber televisión, radio ou outros nenos ou nenas xogando mentres eles/as len.

Unha vez acomodados, o noso fillo ou filla vai ler en alto para nós. Ler en alto axuda tanto a unha mellor concentración por parte do neno/a como a unha atención pola nosa parte dos erros que pode cometer e ao mesmo tempo atendendo nós, non necesitamos ter a lectura feita con anterioridade, el/ela van ser os lectores, nós os que imos escoitar.

O tempo mínimo de lectura en alto debería ser media hora, despois, e xa según o neno/a, poden seguir lendo eles sós en baixo, en alto ou mesmo descansar.

Imos procurar que o momento de lectura sexa sempre o mesmo, ou polo menos como norma, aínda que de cando en vez a teñamos que variar. Eleximos unha hora na que o neno ou nena esté máis receptivo e tranquilo, pode ser un pouquiño antes da merenda, antes de ir ao parque ou mesmo antes de durmir.

Unha vez que xa comezou a lectura imos fixarnos nos seguintes puntos:

-          O neno/a debe ler nun tono normal, nin moi alto, nin susurrando.

-          Cando unha palabra é moi difícil por descoñecida ou longa, non se le silabeando, mellor a lemos na cabeciña e a dicimos despois, unha vez que no pensamento xa a entendimos. Non importa en principio, o tempo que se tarde, pouco a pouco se lerá co pensamento moito máis rápido.

-          Cando lean mal unha palabra, non llo pasedes, decímoslle “non” e que a lean ben, xa sabedes, primeiro co pensamento e despois coa boca.

-          Os puntos e as comas son pausas e hai que facelas, doutro xeito, non entenderemos ben a frase. Ao principio, se non son capaces de facer e diferenciar as pausas podemos facelo con palmadas na mesa. Deste xeito, comezamos xa a lectura cunha man apoiada, pola palma, na mesa. No momento que hai unha coma, damos unha palmada na mesa, momento no que se descansa, e seguimos. Se a pausa é un punto, damos dúas palmadas e seguimos. Podemos continuar con este método todo o tempo que queiramos, pronto os nosos fillos/as non necesitarán a palmada e farán as pautas eles sós.

-          Cando acabemos a lectura, faremos algunha pregunta sobre o que leron, preguntas sinxelas que simplemente nos orienten sobre o que entenderon ou non.


Cada neno/a ten o seu ritmo, o que un pode ler en media hora, outro pode que tarde 15 minutos. Agora mesmo non nos importa a cantidade senón a calidade, que lean ben, seguros, sen silabear, facendo pausas e entendendo o que len. Máis adiante, cando xa teñan un bo ritmo e unha velocidade boa, faremos outro tipo de exercicios.

LEMBRADE:

Media hora de lectura diaria, sempre diante dun adulto. Os nenos/as se sentirán importantes, acompañados/as, escoitados/as e vós seguiredes dunha forma directa os progresos dos vosos/as fillos/as.
A lectura é a base para calquera materia, habendo unha boa lectura, non ten porque haber problemas no resto das áreas.

BOA LECTURA!




BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE