luns, 30 de marzo de 2020

XOGAMOS COA BOCA!!

Bo día, nenas, nenos e familias! 

Son María, a mestra de AL.


Esta semana deixo á vosa disposición enlaces para exercitar os distintos elementos da boca, posto que é algo imprescindible para unha correcta articulación e pronunciación. 

Se lle dedicamos 10 minutos diarios a xogar coa boca diante do espello, todo será máis sinxelo na volta ao cole. 

Estades preparados? Pois aí vos van os enlaces! 




Xa por último, gustaríame aportarvos algunhas recomendacións a ter en conta ante as dificultades de articulación que presenten os máis pequerrechos: 


  • Dedicar un tempo a manter conversacións cos nenxs.
  • Non imitar a súa mala pronunciación.
  • Non responder por eles nin completar as súas oracións, deixando que se expresen libremente e intentar que se esforcen por falar e elaborar adecuadamente as preguntas de tal xeito que non respondan con monosílabos.  

domingo, 29 de marzo de 2020

Lectura Fácil #quedamosnacasa


A Lectura Fácil é unha metodoloxía que permite adaptar documentos (artigos, novas, libros, unha web...) para que sexan máis sinxelos de entender.  Esta lectura non soamente afecta ao texto, senón as súas ilustracións, deseño e maquetación. 


Cando un documento está en lectura fácil aparece este logo azul, que é un neno lendo un libro cunha man por fóra. Esta lectura nos beneficia a TODO/AS.



A páxina web planetafácil quere compartir con vós algúns  libros de lectura fácil para ler estes días de confinamento. Aquí quedan algúns.

Que libro queres ler? Pulsa no que che guste para descargalo.
















venres, 27 de marzo de 2020

RAP "Hagamos historia"


O Rap de Fernando Martín que nos anima na loita contra o coronavirus.



Bote das Emocións


Dende o blog Menudos Maestr@s 
quero compartir con todos vós,  unha idea fantástica. 
Que che parece se no momento que empeces a botar de menos aos teus seres queridos (compañeir@s do cole, profes, av@s, veciñ@s...), crees un andel con botes para esas persoas?

Consiste en que lle adiques unha parte do teu tempo diario en forma de poesía, debuxo, dedicatoria...  e que o metas no bote. E o día que todo esto pase, farémoslle chegar dun modo especial este agasallo que será ÚNICO.

Atréveste?




martes, 24 de marzo de 2020

RECURSOS #QUEDAMOSNACASA

Marisa, a especialista de PT, quere compartir convosco algúns RECURSOS que tamén poden ser de axuda neste tempo que debemos quedar NA CASA. 
Hai un pouco de todo: lectoescritura online, lingua castelá, ortografía, mates coas táboas e contos adaptados.


Moito ÁNIMO a todos/as!!

     

luns, 23 de marzo de 2020

Pautas e Enlaces de interés para alumnado AL

María, a especialista de Al, envía unha serie de pautas xenéricas e uns enlaces de interés a ter en conta no día a día cos máis cativos, para mellorar a convivencia neste momentos que hai que ficar na CASA.

Aquí quedan!!

  • Non son eficaces os reproches e as discusións permanentes.
  • Utilizar, preferentemente, os reforzos positivos (por exemplo: felicitar inmediatamente despois de que a nena ou o neno faga algo bo, e sorprendelo, tan frecuentemente como sexa posible, xa sexa cun sorriso ou cunha loanza).
  • Desenvolver formas de comunicación e diálogo que melloren as relacións familiares.
  • Practicar a lectura en voz alta de contros e outro tipo de textos: libros "ilustrados" sobre animais, adiviñas, trabalinguas, xogos de palabras, poesías, etc.
  • Aproveitar toda oportunidade para presentarlle palabras novas e interesantes.

Preme en cada Enlace:

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/author/eugenia-romero/ à neste enlace atoparedes múltiples actividades para potenciar a discriminación auditiva, a conciencia léxica ou fonolóxica, así como xogos para estimular a linguaxe oral.


http://servicios.educarm.es/udicom/indexb.htm à este enlace servirá para poder traballar o vocabulario. As fichas están deseñadas para ser impresas de non ser posible, poderase traballar con elas de xeito oral.

http://maestradeal.blogspot.com à neste enlace hai recursos para traballar a discriminación auditiva ou a conciencia fonolóxica e léxica.





domingo, 22 de marzo de 2020

Clases na TV

A partir de mañá, luns 23 de marzo, o Ministerio de Educación pon en marcha unha iniciativa dirixida ao alumnado entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante estes días que hai que quedar na CASA. Se non tes conexión a internet ou a rede vai lenta é unha boa oportunidade que debes aproveitar.



O horario en Clan TV e na 2 de TVE é o seguinte:


Para máis información preme no seguinte enlace: 

mércores, 18 de marzo de 2020

Recursos #AprendoencasaRMurcia

Dende o Servicio de Innovación e Formación do Profesorado da Consejería de Educación y Cultura da Rexión de Murcia, aparecen recopilados algunhas propostas e recursos interesantes para traballar na casa.

Hecho con Padlet

luns, 16 de marzo de 2020

Orientacións #quedamosnacasa

Queremos salientar as seguintes orientacións para o tempo que debemos permanecer na CASA clicando AQUÍ

RECURSOS #quedamosnacasa

Queremos compartir convosco algúns recursos que poden ser de axuda neste tempo que debemos quedar NA CASA como medida de precaución e responsabilidade.

Moito ÁNIMO a todos/as!!


Enlaces a páxinas con recursos e xogos educativos para Infantil e Primaria:

https://aprendomusica.com/ (Linguaxe musical)

https://arbolabc.com/ (Xogos de vogais, abecedario, multiplicar...)

http://www.ceiploreto.es/ ( Páxina CEIP Loreto)

https://www.cokitos.com/ (Xogos interactivos)

http://www.cuentoscortos.com/ (Contos clásicos, de valores, orixinais...)

http://www.usaelcoco.com/ (Cálculo mental)

https://www.storyplace.org/es (Biblioteca dixital)

http://roble.pntic.mec.es/arum0010/ (Xogos interactivos en liña)

https://www.jigsawplanet.com/ (Crebacabezas)

http://www.enciclonet.com/(Enciclopedia)

https://www.elhuevodechocolate.com/ (Adiviñas, cancións, poesías, refráns...)

Atención á Diversidade:


https://www.aulapt.org/ (Blog recursos PT)

http://guiatictea.org/ (Recursos tecnolóxicos TEA)

http://www.proyectoazahar.org/azahar/ChangeLocale.do? language=es&country=ES&page=/loggined.do (Aplicacións gratuitas de comunicación, act. ocio, planificación tarefas... para TEA)

Canais EDUCATIVOS de TV

IR a un MUSEO sin SAÍR da casa


APPS españolas que ofrecen gratis os seus contidos para axudar aos nenos/as a aprender desde casa

BECAS CURSO 2023/2024

IR AO ENLACE